Billete de 200 euros

Billete de 200 euros

Primeira serie (2002-2019)[1]
Anverso
Reverso

Segunda serie (dende 2019)[2]
Anverso
Reverso

O billete de 200 euros é o billete da serie do euro co maior valor facial en produción, logo do cesamento da impresión do billete de 500 euros en 2019. Está en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.

Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 852.000.000 billetes de 200 euros en circulación na Eurozona. É o segundo valor facial de menor circulación, cun 2,9 % do total de billetes da serie do euro, despois do billete de 500 euros.[3]

É tamén o segundo billete de maior tamaño, cunhas medidas iniciais de 153 × 82 mm. A primeira serie (2002-2019) ten unha combinación de tons da cor amarela, e a segunda serie combina o amarelo imperante con detalles en marrón.

Os billetes de 200 euros representan en ambas as súas faces pontes e arcos ou portas de estilo Art Nouveau (séculos XIX e XX). Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.

O billete de 200 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", entrou en circulación o 28 de maio de 2019.[4]

  1. "200 Euro 2002 Series". Numista.com
  2. "200 Euro Europa Series". Numista.com
  3. "Euro banknotes, quantities". European Central Bank (ECB.europa.eu).
  4. Serie Europa de billetes en euros. .www.ecb.europa.eu.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search